CORONAVIRUS A LIMIA | A maior parte dos casos activos da comarca rexístranse en Porqueira
Só son dous os concellos pertencentes á comarca os que rexistran positivos nas súas cifras. O caso máis destacado é o de Porqueira, no que se contabilizan a maior parte de contaxios de toda a Limia, tres. O municipio sumaba na xornada de onte un novo positivo, e hoxe voltou a repetir a situación amosando o inicio dunha lenta subida progesiva de casos.
Tamén aumentaban onte nunha cifra os contaxios en Vilar de Santos. O concello levaba case tres meses sen presentar casos activos, concretamente dende o pasado nove de agosto.
Pola contra, en Xinzo de Limia restaban un positivo, conseguindo que a vila pasase a formar parte do grupo de membros da comarca que non presentan casos de coronavirus nas súas cifras. Situación na que o municipio estivera por última vez o 30 de xuño deste ano.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 3/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 3 (+1)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 0
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 0
- Vilar de Barrio: 0
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 0