CORONAVIRUS A LIMIA | Porqueira volve a rexistrar contaxios tras un mes libre de Covid - 19
Despois de estar un mes sen presentar ningún contaxio por coronavirus, o Concello de Porqueira volta a poñerse en alerta ao rexistrar dous positivos novos. Exactamente. dende o pasado 13 de setembro, o municipio limiá pasaba a formar parte do grupo de territorios sen ningún caso activo, situación que cambiou na xornada de hoxe.
A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, acaba de publicar un bando informativo dando a coñecer os datos actuais de contaxiados e no que anima á veciñanza a seguir mantendo toda a precaución necesaria para loitar contra o virus.
Pola contra, o resto de concellos da Limia amosan un bo avance. Baltar resta un positivo, rexistrando só un caso derivado da Covid - 29 en todo o territorio.
Xinzo de Limia continúa coa súa inestabilidade e tamén baixa un contaxio, quedando cun total de catro positivos.
O resto de membros da comarca da Limia permanecen invariables. Agora mesmo son oito os municipios que contan con cero casos activos nos seus resultados.
Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 13/10:
- Baltar: 1 (-1)
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 2 (+2)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 0
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 0
- Vilar de Barrio: 0
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 4 (-1)