Calvos e Rairiz súmanse á estadística de positivos
CORONAVIRUS A LIMIA | Porqueira é xa o único concello sen casos
22 de julio de 2021 (14:49 h.)
Calvos de Randín e Rairiz de Veiga veñen de sumarse ao grupo de municipios da Limia con casos activos. Este xoves 22 de xullo suman un positivo cadanseu.
A capital antelá mantense nos 37 deste pasado mércores. Porqueira é o único concello sen casos a día de hoxe.
Así si queda os rexistros por municipios:
- Dous casos: Os Blancos, Trasmiras, Sandiás e Vilar de Barrio.
- Un caso: Baltar, Sarreaus, Vilar de Santos, Calvos de Randín e Rairiz de Veiga.
- Con cero casos: Porqueira.