NOTICIAS XINZO | A Xunta afianza o seu compromiso con Porqueira

José González, conselleiro do Medio Rural, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e polo subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias, Francisco Paz, mantivo un encontro coa alcaldesa do concello ourensán de Porqueira, Susana Vázquez.
 
 Na xuntanza abordáronse diferentes temas de interese para o rural deste municipio, especialmente no que atinxe á posta en valor do territorio a través dos diferentes instrumentos que facilita a Consellería do Medio Rural.

Concretamente, valorouse a posibilidade de levar a cabo unha nova concentración parcelaria nos lugares de Paradela de Abeleda e Lovios.
 
Cómpre lembrar que o concello xa conta cunha parcelaria -a de Porqueira II- que mobilizou 712 hectáreas de terreo divididas en 2.053 parcelas -anteriormente eran 9.045- propiedade de 796 titulares, na que está prevista a entrega de títulos ao longo de 2024. Nesta liña, cabe sinalar que as concentracións parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Tamén se puxo sobre a mesa a necesidade da mellora das diferentes infraestruturas rurais deste concello.