NOTICIAS A LIMIA | Ferida leve nun choque no cruce da recta da Lampaza
A condutora dun turismo que circulaba en dirección Celanova pola estrada OU-531, e chocou con outro vehículo que atravesaba a vía cara a Guillamil, tivo que ser traslada polos servizos de emerxencia. O seu prognóstico era ferida leve, segundo informou o operativo desprazado ao lugar do accidente.
A colisión produciuse pouco antes das 18:30 horas deste venres, co sol de fronte aos coches que circulaban desde Xinzo.
A condutora non viu o turismo que xa estaba no seu carril, na mesma raqueta do cruce desde A Saínza a Guillamil. O vehículo golpeo ao coche que cruzaba na parte posterior dereita. O home que conducía o coche alcanzado e que viaxaba só, permanecía minutos despois no lugar do accidente sen ningunha ferida.
O impacto empurrou ao coche alcanzado sobre a glorieta, mentres o outro vehículo freaba uns metros despois do cruce. O coche alcanzado, un Citroën C4, presentaba danos na porta traseira dereita. O turismo que o alcanzou tiña danos na parte dianteira e o motor perdeu aceite, polo que foi precisa a intervención dos bombeiros en tarefas de limpeza da vía.
Unha patrulla motorizada da Garda Civil e dúas unidades de bombeiros conseguiron manter aberta a circulación pola estrada poucos minutos despois de se producir o accidente.
Este cruce na recta da Lampaza foi durante anos un punto negro nas estradas ourensás, até que se habilitou a sinalización nesa zona da vía.