martes. 03.12.2024

Segundo nota de prensa remitida polo concello de Sandiás, infórmase do comenzo das obras de mellora das redes de abastecemento e saneamento de agua na rúa Sopenedo, da aldea de Vilariño das Poldras. Asemade, repararase o firme mediante o asfaltado da estrada.

Estas obras, licitadas por un importe de 48.000 euros e adxudicadas á empresa Construcciones Viso e Hijos, están emarcadas nun plan de actuacións do Concello de Sandiás de mellora das redes de abastecemento e saneamento deterioradas co tempo, e correrán a cargo do Plan Provincial para os concellos 2021 da Deputación Provincial de Ourense (DPOU).

Comezan as obras de humanización en Vilariño das Poldras, no concello de Sandiás