Sumou dous positivos nas últimas 24 horas
CORONAVIRUS A LIMIA | Sandiás deixa o grupo dos concellos con cero casos
15 de abril de 2021 (15:15 h.)
Se onte foi Baltar o que anotou un novo positivo, abandonando así o grupo de concellos que non rexistraba caso algún; esta mañá coñecíanse os dous casos activos contabilizados en Sandiás, que tamén estaba a cero ata o día de onte.
Así, os únicos concellos da comarca con casos activos son:
- Baltar e Porqueira: un caso activo.
- Sandiás: dous casos.
- Xinzo de Limia: sube de seis a sete.