jueves. 21.11.2024

O Concello de Sandiás acaba de informar do inicio das actividades deportivas de ximnasia e mantemento, encadradas dentro do programa local de servizos á veciñanza, Mantente Activo.

As sesións levaranse a cabo na Casa da Cultura da vila dende o mes de outubro ata xuño. Será en horario de 19:45 a 20:45 durante os luns, mércores e xoves. As actividades estarán centradas na realización de exercicios de acondicionamento físico de baixo impacto e adaptaranse a calquer tipo de idade.

Para poder inscribirse será necesario estar empadroado no Concello de Sandiás e deberase pagar unha cuota mensual de cinco euros por persoa. A matrícula poderá realizarse presencialmente na Casa do Concello -en horario de 9:00 a 14:00 horas-, ou vía online a través da ligazón correspondente que se atopará na páxina web oficial de Sandiás. A data límite será o 29 de outubro.

Os grupos estarán limitados a un número máximo de 15 persoas debido á normativa Covid. As prazas adxudicaranse según a orde de chegada das solicitudes.

NOTICIAS A LIMIA | Aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia e mantemento...