jueves. 21.11.2024

O Concello de Sandiás acaba de recibir diversas axudas e subvencións por parte da Xunta de Galicia, de Augas de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e de AGADIC -Axencia Galega de Industrias Culturais- . A resolución das mesmas publicouse esta semana na páxina do concello.

A Deputación Provincial de Ourense concedeulle- baixo as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e Mancomunidades- unha axuda por valor de 4.500 euros para a realización de limpeza das redes viarias.

A Xunta de Galicia -ao abeiro das bases reguladoas para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en risco ou exclusión social perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga)- entregoulle unha cifra de 20.618,28 euros para a contratación de dous peóns. Tamén dotou ao concello de 41.236,56 euros para o emprego de tres peóns forestais -baixo as bases do fomento de emprego no medio rural (Aprol Rural)- .

Augas de Galicia -de acordo ás bases de subvencións destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e despuración, financiadas no marco do eixo REACT - UE do programa FEDER Galicia 2014 - 2020- entrega un importe de 50.000 euros co obxectivo de contribuír á mellora da rede de saneamento en Vilariño das Poldras.

Finalmente, AGADIC dota a Sandiás dunha axuda de 6.000 euros co motivo do Xacobeo 2021 - 2022, que irán destinados ao fomento das artes escénicas e musicais.

NOTICIAS A LIMIA | Sandiás obtén a concesión de diversas subvencións