jueves. 21.11.2024

O Concello de Sandiás ven de publicar o listado actualizado de comercios colaboradores coa iniciativa Plan Renove Electrodomésticos 2021 da Xunta de Galicia, aos que poderán acudir os veciños do concello que queiran renovar o seu frigorífico, conxelador, lavadora, fregapratos ou placa de inducción.

O Plan Renove consiste en axudas directas (pago reducido na compra dos aparatos) para a renovación dos electrodomésticos do fogar, e remata o día 30 de setembro. As cuantías aportadas pola Xunta van dende 100 ata 150 euros, dependendo do tipo de electrodoméstico e da vulnerabilidade do consumidor. Caso de ser vulnerable ou moi vulnerable, deberá achegar factura da luz como demostrativo, no propio comercio, que tramitará toda a documentación.

Entidades colaboradoras

Os comercios adheridos a este plan aos que poden acudir os veciños de Sandiás son dez, oito ubicados en Xinzo de Limia e dous en Allariz. Podes consultar o bando coa lista completa actualizada aquí.


Contías por tipo de consumidor

As contías, especificadas tipo de consumidor e aparato, veñen especificadas na resolución de 16 de marzo de 2021 do Instituto Enerxético de Galicia:

Plan Renove Electrodomésticos 2021

A contía da subvención non poderá superar o 25 % do precio do electrodoméstico para un consumidor xeral, o 50% para consumidores vulnerables, e o 75% para consumidores vulnerables severos.

Máis información na Resolución do 16 de marzo de 2121 que pode consultar no enlace.

Sandiás publica a lista actualizada de entidades colaboradoras do Plan Renove...