En Sarreaus pasaron de 10 positivos á metade
CORONAVIRUS A LIMIA | Media ducia de casos menos na comarca
01 de diciembre de 2021 (18:04 h.)
Logo dese arreón pandémico que sufriu a comarca nas últimas xornadas, os datos facilitados polo Sergas esta mañá reflicten unha lixeira baixada dos casos activos en toda a comarca, experimentando as maiores caídas os concellos de Sarreaus -onde se dera o gromo do CDR O Viso- e o concello de Xinzo.
Así, o mes de decembro comeza cos seguintes casos aínda activos, por municipios:
- Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín: cero casos
- Porqueira e Rairiz de Veiga: 1 caso
- Sandiás: 2
- Sarreaus: 5 (-5 casos activos)
- Trasmiras: 12
- Vilar de Barrio: 11
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 25 (-1 con respecto ao día de onte)