NOTICIAS A LIMIA | O CDR Viso visibiliza o patrimonio local con 12 códigos QR
O CDR O Viso acaba de incorporar ao seu coñecido itinerario por Lodoselo -actividade que levaba dende os anos 90 en funcionamento- unha serie de placas con códigos QR que dotan ao percorrido de maior interacción e diversión a través dunha serie de mini xogos variados.
A actividade consta de 12 puntos nos que agora, en cada un, hai colgada unha lámina na que se indica o número da pegada -xa que hai que seguir unha orde concreta- e o novo código dixital. A lectura do QR derivará nun documento de Google Drive no que se exporán unha serie de propostas en forma de xogos -coma preguntas e respostas- que servirán para ir descubrindo Lodoselo dun xeito máis ameno e variado.
Coa renovación do percorrido quérese atraer a chegada de máis persoas ao rural, que os visitantes poidan gozar dunha boa xornada coñecendo os arredores da vila e tamén aos veciños e veciñas da contorna.