O XULGADO INVESTIGA A BALTAR, E A MEMBROS DO SEU GOBERNO, TRAS NEGAR A COMPATIBILIDADE A VILLARINO

Admitida a trámite a querela por prevaricación contra Baltar

O PSdeG-PDOE de Ourense anuncióu a admisión a trámite da querela por presunto delito de prevaricación contra Baltar. | FOTO: Arquivo.

O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense vén de incoar un procedemento abreviado, tras apreciar indicios delitivos no proceder do presidente da Deputación de Ourense, do vicepresidente primeiro e tamén do entón vicepresidente segundo -Manuel Baltar, Rosendo Fernández e José Miguel Caride, respectivamente- por un presunto delito de prevaricación tras negar a compatibilidade para a docencia universitaria a tempo parcial ao voceiro socialista na Deputación de Ourense, Rafa Villarino.  

Según declaracións do PSOE provincial, "Aquela decisión ilegal adoptada polos deputados e deputadas de Partido Popular e Democracia Ourensana, que xa foi revocada pola xurisdición contencioso-administrativa, está agora sendo investigada na vía penal". Os feitos tiveron lugar no pleno provincial celebrado o 31 de xullo de 2020, a pesar de contar con informes técnicos e propostas de resolución favorables.

O vicevoceiro do Grupo Provincial Socialista, Nacho Gómez, manifestou o seu apoio ó voceiro do PSOE provincial, Rafa Villarino, asegurando que “Baltar e os seus deputados e deputadas, que son cómplices dos feitos, intentan aniquilar desde o punto de vista político, persoal e laboral a calquera persoa que lle fai fronte en política”.

Villarino tamén destapou que, antes do seu caso, a Deputación nunca antes denegara unha compatibilidade para traballar como profesor asociado a ningún deputado, deputada, empregado ou empregada pública, segundo un certificado aportado á causa. “Foi unha decisión con tintes políticos e antipersoais que, ademais, foi adoptada dun modo antinormativo”, insistiu.

Villarino tamén destapou que, antes do seu caso, a Deputación nunca antes denegara unha compatibilidade para traballar como profesor asociado a ningún deputado, deputada, empregado ou empregada pública, segundo un certificado aportado á causa. “Foi unha decisión con tintes políticos e antipersoais que, ademais, foi adoptada dun modo antinormativo”, insistiu.

Dende o PSOE Ourense afirman que queren unha “sentenza exemplarizante” que dirima se as responsabilidades do Partido Popular e de Democracia Ourensana xa que “son susceptibles de inhabilitación” para emprego ou cargo público ou para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo. “Non poden dicir que non eran coñecedores do que estaba a pasar, xa que coñecían todos os informes e resolucións favorables previas ao pleno pero, durante a sesión, apelaron a cuestións persoais ou ao recurso contra as bases das subvencións para autónomas e autónomas”, salientou Rafa Villarino, Secretario Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense.