A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade visitou as súas instlacións
Coren transmite as súas demandas e suxerencias á Xunta pola nova Lei de cooperativas
12 de septiembre de 2023 (12:35 h.)
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou esta semana as instalacións do grupo Coren en Ourense, onde destacou a súa relevancia no eido cooperativo tanto dentro como fóra de Galicia. Así, acudiu a escoitar as súas demandas e suxestións, nun momento no que se está a traballar na nova Lei de cooperativas, co obxectivo de axilizar a creación de entidades e de adaptalas aos novos tempos.
Como primeira cooperativa agroalimentaria de España e unha empresa referente da provincia de Ourense, Coren é ademais a oitava cooperativa cárnica europea en importancia. Así, aglutina preto de 4.300 socios integrados e asociados e a máis de 3.000 persoas empregadas, con máis de 1.000 millóns de facturación anual.