CORONAVIRUS A LIMIA | O número de casos continúa subindo, pero a un ritmo máis lento
Despois de tres días sen datos e de que o SERGAS anunciase que restrinxirá a información a cifras semanais, a reactivación da sexta onda da covid na comarca da Limia moderou a súa intensidade, segundo a comunicación que recibiron hoxe os concellos.
En Xinzo, dos 121 casos activos do venres, pasouse aos 137, un incremento do 13% en tres xornadas. Non é o maior na comarca en termos porcentuais. En Porqueira o número aumentou de 4 a 10; e en Sandiás, de 10 a 13.
No conxunto da Limia, o número de casos activos este martes é de 197. É o mesmo número de rexistros que había o 5 de xaneiro. Daquela, a incidencia disparouse nos dous días seguintes. Agora, a tendencia tamén é de aumento dos casos, máis o ritmo é menor.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 3 (activos)
OS BLANCOS (=) 2
CALVOS DE RANDÍN (=) 3
PORQUEIRA (+4) 10
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 4
SANDIÁS (+3) 13
SARREAUS (+3) 5
TRASMIRAS (=) 9
VILAR DE BARRIO (-1) 3
VILAR DE SANTOS (=) 8
XINZO DE LIMIA (+16) 137
Con datos tamén pechados a día de onte, o SERGAS sinala que a incidencia acumulada volve estar ao redor dos 100 novos casos nos últimos sete días en Xinzo. E só en Vilar de Barrio non se anotou contaxio ningún durante ese mesmo período.