Oito concellos da Limia están por baixo da decena de casos activos

CORONAVIRUS A LIMIA |  Porqueira sucede a Trasmiras como concello con maior índice de contaxios activos

Centro de saúde de Porqueira.

O remate da sexta onda estase a converter nunha longa cola de cifras que non acaban de alcanzar o cero. Na Limia hai rexistrados a comezos da semana 90 casos. Son dous menos que o venres. Non houbo variacións nun concello, cinco viron aumentar o número de casos activos, e outros cinco experimentaron unha redución. 

Oito concellos da Limia están por baixo da decena de casos activos. Son Baltar, Os Blancos, Calvos, Rairiz, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio e Vilar de Santos. Os habituais nese nivel durante as últimas semanas. En Trasmiras houbo aumento das cifras a finais de marzo e alcanzou máximos (32) o primeiro día de abril. Porqueira (23 casos a día de hoxe) está agora mesmo nesa situación e converteuse no concello onde porcentualmente a incidencia é maior. Son dúas excepcións á regra xeral.

Porque en Xinzo as baixadas tamén foron pronunciadas nas últimas semanas. Hoxe anota un leve incremento (4 casos máis) a respecto do venres. Pero está en mínimos do ano e nuns niveis similares as semanas previas a crise en decembro pasado. Mais a tendencia agora é claramente á baixa. De todas formas, hai que anotar que en decembro pasado, os positivos mantíñanse na estatística durante dez día, e a principios de ano as altas empezaron a concederse aos sete días. 

Así están os rexistros:
BALTAR  (variación +1) 2 (activos)
OS BLANCOS  (+1) 3
CALVOS DE RANDÍN (-2) 4
PORQUEIRA  (+8) 23
RAIRIZ DE VEIGA (-4) 5
SANDIÁS (-6) 2
SARREAUS (+2) 4
TRASMIRAS  (-3) 11
VILAR DE BARRIO (-3) 4
VILAR DE SANTOS (=) 3
XINZO DE LIMIA  (+4) 29

A estatística de incidencia acumulada a sete e a catorce días volve manifestar esa tendencia. Con datos de onte, o SERGAS informa que en Xinzo detectáronse 13 casos nos sete días anteriores (eran 16 o venres) e 30 nos catorce días anteriores (eran 44 o venres).