Nos últimos dous días, os rexistros anotan dous casos menos na comarca

CORONAVIRUS A LIMIA | A sexta onda, camiño doutra fase chaira na Limia

Centro de Saúde de Trasmiras.

A comarca da Limia pecha a semana con 205 casos activos de covid. Son dous menos que os anotados hai dous días, o mercores. E son 34 máis que o venres pasado. É dicir, se na semana anterior, os rexistros aumentaron en 43 casos; nesta última fixérono en nove menos.


A curva da covid que, particularmente en Xinzo, comenzou a subir hai dúas semanas parece estar entrando nunha fase chaira. A estabilidade no número de casos activos é unha constante dos últimos días. Xinzo anotaba o martes 137 contaxios; o mércores, 136; onte, 132; e hoxe, 135


Así están os rexistros
BALTAR  (variación =) 2 (activos)
OS BLANCOS  (+1) 3
CALVOS DE RANDÍN (=) 5
PORQUEIRA  (-2) 10
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 9
SANDIÁS (+2) 14
SARREAUS (=) 8
TRASMIRAS  (=) 9
VILAR DE BARRIO (-1) 3
VILAR DE SANTOS  (-1) 7
XINZO DE LIMIA  (-1) 135


En paralelo, a estatística de incidencia acumulada reflicte esa estabilidade. Con datos de onte, en Xinzo detectáronse 81 novos contaxios nos últimos sete días, e 151 nos últimos catorce. En Baltar, a día de onte, non se tiñan detectado contaxios nos últimos sete días. É o único concello da comarca nesa situación.


Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.984 deles 2.758 son da provincia de Ourense, segundo informou a Xunta esta mañá, o mesmo día que día que anunciou que xa non se recomenda o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos.