A medida aprobarase no Consello de Ministros o xoves 24
Pedro Sánchez anuncia a fin da máscara no exterior dende o sábado 26 de xuño
18 de junio de 2021 (13:58 h.)
O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, acaba de anunciar a celebración dun Consello de Ministros extraordinario o vindeiro xoves 24 de xuño. No mesmo aprobarase eliminar a obrigatoriedade de usar a máscara no exterior, si seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados. A medida entrará en vigor o sábado 26 de xuño.