En Xinzo, as novas altas deixan os casos activos en 35
CORONAVIRUS A LIMIA | Trasmiras, o único concello que anota máis positivos
23 de julio de 2021 (16:02 h.)
O Concello de Trasmiras é o único da comarca da Limia que sobe en positivos neste venres 23 de xullo de 2021. Anota un caso máis e situáse con tres diagnósticos de coronavirus.
Pola contra, debido ás negativizacións dalgúns pacientes, Xinzo de Limia reduce os seus positivos até os 35.
Porqueira mantense coma o único sen casos activos.
Así si queda os rexistros por municipios:
- Tres casos: Trasmiras -un máis dende onte-
- Dous casos: Os Blancos, Sandiás e Vilar de Barrio.
- Un caso: Baltar, Sarreaus, Vilar de Santos, Calvos de Randín e Rairiz de Veiga.
- Con cero casos: Porqueira.