Será esta noite na ponte entre Paredes e Zos

NOTICIAS A LIMIA | De festa ata que saia o sol coa segunda edición do Pontonfest

Cartel da segunda edición do Pontonfest, no que colaboran os concellos de Xinzo e Trasmiras.

O Pontonfest celebrará esta noite a súa segunda edición na ponte entre Paredes e Zos. O evento está organizado polas asociacións O Cruceiro de Paredes e Toro de Morouzo de Zos, en colaboración cos concellos de Xinzo e Trasmiras, xa que o festival abrangue unha zona limítrofe entre as dúas localidades.

A música comezará a soar dende as 23:30 horas e non parará ata que saia o sol. O Pontonfest contará coa Discomóbil Space, co DJ Bob, co Discoshow Euphoria e co DJ Pablo Marques para desfrutar dunha longa noite de festa.