O fogo apagouse ás 8:40 horas
NOTICIAS TRASMIRAS | Declarado un incendio en Lobaces
24 de agosto de 2021 (13:48 h.)
Sobre a 1:10 da madrugada de hoxe dábase a voz de alarma sobre avistamento de lume en Lobaces no municipio de Trasmiras
O fogo estivo activo durante unhas sete horas e media aproximadamente, dándose por extinguido ás 8:40 horas da mañán. Afortunadamente apenas se produciron danos no terreo, quedando rexistradas unhas 0,01 hectáreas queimadas.
Ata a parroquia trasladáranse catro motobombas, tres axentes forestais e catro brigadas que axudaron no proceso de control do incendio.