Sandiás resta un positivo
CORONAVIRUS A LIMIA | Vilar de Barrio iguala a Sarreaus nas cifras de contaxios
23 de noviembre de 2021 (13:21 h.)
A comarca da Limia presentou hoxe certa estabilidade no tocante a novos contaxios da Covid - 19. Apenas houbo variacións, soamente se contabilizaron dous novos positivos e a baixada dun caso. En total, a cifra do virus dentro do territorio ascende a 67 -un máis ca onte- .
O único concello que rexistra novos contaxios é Vilar de Barrio. O municipio suma dous novos positivos ata situarse nos 11 casos, cantidade idéntica a Sarreaus -o cal viña de padecer a influencia dun gromo en Lodoselo- .
Pola contra, Sandiás comeza a iniciar un pequeno descenso nos seus contaxios restando un só positivo. Na vila contabilízanse catro casos en total.
O resto de territorios membros da comarca non presenta variacións nas súas cifras.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 23/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 2
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 4 (-1)
- Sarreaus: 11
- Trasmiras: 18
- Vilar de Barrio: 11 (+2)
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 20