NOTICIAS A LIMIA | Ferido nun accidente de tráfico en La Palma un veciño de Vilar de Barrio
Una nena de 6 anos de idade faleceu e outras cinco persoas resultaron feridas onte nunha colisión frontal de dous vehículo na illa de La Palma (Santa Cruz de Tenerife). Un dos feridos é un home de 53 anos, natural de Vilar de Barrio, que traballa como funcionario na illa.
No coche tamén viaxaba un fillo seu, menor de idade, que resultou ferido leve. O home foi trasladado a a Urxencias do Hospital General de La Palma e hoxe permanecía ingresado na UCI, fóra de perigo, segundo informaron fontes próximas á familia.
O sinistro produciuse ao redor das catro da tarde de onte, segundo publican medios canarios, nun túnel dunha estrada no municipio de Santa Cruz de La Palma.
Segundo estas informacións, os outros feridos son outro home e dous menores. Todos os menores presentaban feridas de carácter moderado, segundo o Centro Coordinador de Emergencias y Seguridad 112 da illa.
O diario Las Provincias indica que os turismos implicados foron un Ford Focus, que conducía un dos homes feridos e no que viaxaban a nena falecida e dous menores, e un Ford C-Max, que sería o conducido polo veciño natural de Vilar de Barrio, acompañado dun fillo del de 12 anos.