Aínda non se coñece o total da superficie calcinada
NOTICIAS A LIMIA | Medio Rural dá por estabilizado o lume de Vilar de Barrio
16 de agosto de 2021 (16:09 h.)
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, quedou estabilizado ás 13:49 horas.
O lume iniciouse ás 22:35 horas de onte e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control levan participado ata o de agora 5 axentes, 19 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.