A Consellería de Infraestructuras cubriu todos os custes

NOTICIAS VILAR DE BARRIO | Melloras na estrada de Prado

Camións con material de obra para reparar a estrada en Prado. | FOTO: Concello de Vilar de Barrio.

A estrada que conecta a pequena parroquia de Prado en Vilar de Barrio co pobo de Alberguería (Laza) está a sufrir actualmente unha pequena reconstrucción para mellorar a súa transitabilidade.

O Concello de Vilar de Barrio percibira a gran necesidade de restaurar a estrada de Prado polo que viu convinte contactar coa Consellería de Infraestructuras, a cal correu co custe total de toda a obra.

O arranxo para adecentar a estrada autonómica consistiu nun primeiro paso de limpeza das cunetas para facelas transitables e posteriormente procedeuse á restauración e asfalto de toda a carreteira.