Permanecía fechado desde o mes pasado por obras no interior

NOTICIAS A LIMIA | O Museo da Limia anuncia a súa reapertura para o sábado 5 de febreiro

Museo da Limia en Vilar de Santos. | FOTO: Museo da Limia

O Museo da Limia en Vilar de Santos volverá a abrir as portas o sábado 5 de febreiro despois dunhas semanas fechado para acometer obras no interior. Así o anunciou o propio museo este martes na súa web e o Concello de Vilar de Santos nas súas redes sociais. 

A última exposición que acolleu o museo celebrouse en decembro pasado, coa posta de largo de Asociación de Artesáns da Limia. Antes, en novembro, o espazo acolleu a exposición Os camiños da vida de Manuel Traveso.

O museo abre os sábados e os domingos, en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00.