NOTICIAS A LIMIA | O Museo da Limia contará con obradoiros de macramé e encaixe de bolillos
A Asociación de Artesáns Limiar organiza dous novos obradoiros no Museo da Limia de Vilar de Santos para este verán. O primeiro será sobre macramé e comezará este sábado, para continuar cunha segunda e última sesión o 8 de xullo. Este obradoiro estará impartido por Rosa González, coñecida como Rosa Artesanía, quen ensinará esta técnica para crear tecidos utilizando nós decorativos.
Este obradoiro de macramé custa 30 euros, inclúense os materiais, e as clases terán lugar de 16:30 a 18:30 horas. Para participar precísase de inscrición e para anotarse hai que chamar ao número 619 14 73 23.
O segundo dos talleres terá lugar todos os sábados de setembro e tratará sobre o encaixe de Camariñas, impartido por Carmen Palillera. O obradoiro estará dividido en dous, cun horario para adultos, de 16:00 a 18:00 horas, e outro para nenos, vde 18:00 a 20:00 horas. O último día para anotarse neste taller é o 10 de xullo, cun prezo de 30 euros, sen contar o material. Para anotarse só hai que chamar ao 617 84 40 97.