Santo Enterro (venres) e Vixilia Pascual (sábado), os actos con máis tradición

AXENDA | De xoves a domingo, a Semana Santa enche Xinzo

A Igrexa Nova, en Xinzo, o templo será o centro das celebracións da Semana Santa.

As previsións de MeteoGalicia para os próximos días apuntan a bo tempo en xeral, sen risco de chuvia, pouco anubrados ou despexados e con temperaturas ao redor dos 20 graos nas horas centrais do día. As catro xornadas de celebración cristiá regresarán a Xinzo de Limia despois de dous anos sen máis sobresaltos que as dificultades ocasionadas pola falta de voluntarios para sacar os pasos nas procesións.

"A xente ten ganas de Semana Santa", indicaba o párroco Jaime Collazo estes días ao Diario do Limia, despois da celebración, "con máis fieis dos esperados", do Domingo de Ramos. 

Esta é a programación e os horarios para os próximos días en Xinzo, co templo da Igrexa Nova como centro das celebracións:

XOVES, 14 (Xoves Santo)

  • 10:30-13:00 horas. Confesións na Igrexa Nova.
  • 20:00 horas. Celebración da Cea do Señor e lavatorio de pés; procesión ao monumento; e procesión de Xesús no horto.
  • 22:00 horas. Hora Santa.
  • 24:00 horas. Adoración Nocturna.

 

VENRES, 15 (Venres Santo)

  • 10:00 horas. Adoración.
  • 12:00 horas. Viacrucis con nenas e nenos.
  • 20:00 horas. Celebración da Paixón do Señor.
  • 22:00 horas. Procesión do Santo Enterro.

 

SÁBADO, 16 (Sábado Santo)

  • 10:00 horas. Oración con María en Soedade.
  • 12:00 horas. Viacrucis parroquial.
  • 22:00 horas. Vixilia Pascual.

 

DOMINGO, 17 (Domingo de Pascua)

  • 12:00 horas. Misa Solemne.
  • 20:00 horas. Misa.
Domingo de Ramos en Xinzo, o pasado domingo. | FOTO: Parroquia de Santa Mariña.

Na súa páxina web, a parroquia lembra que o aforo máximo na Igrexa Nova é actualmente o 90% da súa capacidade. A procesión do Santo Enterro (venres) terá un percorrido máis curto este ano.