A comarca da Limia, a piques de quedar sen Covid
A incidencia do coronavirus na Limia semella que vai tomando un camiño descendente e progresivo que permite manter a esperanza nesta loita contra a pandemia. Dende o pasado 11 de maio, os datos remitidos polo Sergas (Servicio Galego de Saúde) mostran unha contundente baixada nos niveis de contaxiados en toda a comarca da Limia.
Sen dúbida, desde fai tres días, os datos son aínda máis positivos. Hai sete concellos que non teñen ningún caso de Covid rexistrado. Sin embargo, o único sitio donde os casos de Covid parecen que nen soben nen baixan é Sandiás que acarrea dende o pasado 11 de maio, tres casos positivos. Pola contra, Xinzo de Limia mantén os casos en baixada moi descendente dende o 9 de maio. Hoxe, 20 de maio, hai en Xinzo só un caso.
Casos nos concellos
De seguido, mostramos os casos de Covid - 19 detectados na nosa comarca a día de hoxe:
- Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sarreaus e Vilar de Santos: cero casos.
- Trasmiras, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia: un caso.
- Sandiás: tres casos
Á vista dos últimos datos, ás medidas de prevención e o avance na campaña de vacinación contra a Covid - 19, van facendo efecto positivo contra a pandemia SARS- CoV2 orixinada dende o pasado mes de marzo do 2020. |