O Concello de Xinzo acomete 50 km de rozas nas vías de comunicacións entre aldeas
Nos últimos días os limaos puideron ver como unha ducia de puntos estratéxicos de comunicación do concello de Xinzo de Limia foron adecentados polos traballos de limpeza e desbroce que se levaron a cabo.
O desbroce correu a cargo de dous tactores que, a pleno rendemento, remataron o traballo nunha decena de pistas de enlace entre núcleos de poboación.
As pistas xa rematadas son as de Cima de Ribeira, Ganade, Casas da Veiga, San Vitoiro, A Manga, Lamas, Guntimil, Mosteiro, Gudes, Gorgoloza, O Raposo, Parada de Ribeira e Damil, completando máis de 50 kilómetros de superficie.
Pendente de actuacións
Quedan por debrozar e limpar -segundo se informa dende o consistorio- as vías externas de comunicación dos núcleos de Baronzás, Morgade, Pena e Trandeiras.
Contratación externa
Para as actuacións nas rúas e carreteras do interior dos núcleos de poboación, o Concello de Xinzo procederá á contratación dunha empresa privada.
Outras actuacións pendentes
Segundo declaracións do concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, "cando rematen estes traballos na totalidade dos pobos de Xinzo de Limia, o concello dará prioridade ás pistas de concentración parcelaria para instalar o regadío.