O Concello convoca aos hostaleiros para pór en marcha a II edición de Patapas
O Concello de Xinzo de Limia anuncia a convocatoria dirixida a todos os hostaleiros da vila para a organización do II Concurso de Patapas, que terá lugar o vindeiro luns, 28 de outubro, ás 17:30 horas no Salón de Plenos. Todos os establecementos hostaleiros interesados están convidados a asistir.
Esta nova edición pretende repetir o éxito acadado na primeira convocatoria, que logrou máis de 200.000 impactos nas redes sociais e dinamizou a hostalaría local con 30.000 euros en consumicións. Ademais, a I edición foi recoñecida a nivel estatal como o mellor concurso gastronómico.
Unha vez acordadas as datas e detalles do evento, farase pública a información para que a cidadanía poida gozar desta iniciativa que continúa a promover a gastronomía e o turismo en Xinzo.