A praza de San Sebastián queda sen placa nominativa
O Concello cumpre co seu "firme propósito" de retirar a simboloxía franquista das rúas de Xinzo
01 de mayo de 2021 (20:33 h.)
Del
No seu afán de cumprimento da Lei de Memoria Histórica, o goberno municipal -tras a súa oportuna aprobación plenaria (unánime)- ven de retirar a placa que daba nome á praza de San Sebastián, antes de consensuar cos veciños o contido da que a substituirá.
A placa, indicativa do ano e a instancia da construcción dos edificios, rezaba "Delegación Nacional de Sindicatos. Grupo San Sebastián. 50 viviendas. Año 1965", acompañado de símbolos a esquerda e dereita, tal e como se pode apreciar na fotografía.
Dende o concello informan de que "se está a traballar para que este capítulo da historia non teña cabida nos espazos públicos" e insisten no seu firme propósito de retirar "toda a simboloxía relacionada ca ditadura franquista das rúas da vila."