A reforma do espazo realizarase con fondos municipais
O concello prevé o arranxo da praza Carlos Casares para sacala do seu estado de "marxinalidade"
03 de mayo de 2021 (19:50 h.)
O consistorio municipal -gobernado por Elvira Lama dende xuño de 2019- tildou hoxe en nota de prensa a praza de Carlos Casares, fronte a la Casa de Cultura, como "espazo marxinal moi deteriorado".
Segundo sinala o executivo limiao, estaría en vía de desenrrolo un "proxecto singular que cambiará a imaxe deste lugar". Este "proxecto singular" cuxa posta sobre o tapete comunica o goberno municipal, prevé en conxunto a colocación de bancadas e xardineiras e maila reparación do pavemento, amais de colocar unha plataforma fixa para actuacións, co fin de que a praza ofreza alternativas de ocio e culturais.
A mesma fonte prevé que os traballos para o arranxo da praza comecen en canto remate o curso no Conservatorio municipal.