O Concello de Xinzo prevé construír unha planta de xestión de plásticos agrícolas
O Concello de Xinzo de Limia comunica a Xunta de Galicia a intención de crear unha planta de xestión de plásticos agrícolas nunha parcela cunha superficie de 2.979 metros cadrados no parque empresarial de Xinzo. Así llo trasladaron a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e o seu tenente de alcalde e concelleiro Amador Díaz Penín, ao titutar de Consellería de Medio Rural, José González.
Dende o Consistorio explican que "a intención é que a instalación sexa un referente na reciclaxe deste tipo de residuos e que opere como centro de recollida e tratamento de cinco clases de restos de plásticos agrícolas".
No anteproxecto desta obra sinálase que a zona de oficinas e vestuarios da planta realizaráse cunha "construción prefabricada de tipo modular". Así mesmo, tamén destacan que o lugar do traballo será "maioritariamente aberto". Ademais, sinalan que se garantirá uns "accesos adecuados para os vehículos, tanto de descarga como de recollida".
Neste encontro virtual, tamén se tratou outro tema de importancia como é "a necesidade de mellorar as pistas agrícolas asfaltadas". Afirman que é necesario "realizar unha análise pormenorizada de todas as pistas do concello".