Ás 20:00 horas
Concentración esta tarde na praza Carlos Casares para pedir xustiza pola morte de Samuel
05 de julio de 2021 (13:19 h.)
Avante LGTB+ convocou para esta tarde ás 20:00 horas, por toda Galicia e outras provincias da Península, unha serie de concentracións para denunciar o asasinato de Samuel trala malleira que recibiu o pasado sábado na cidade da Coruña.
En Xinzo a concentración será na Praza Carlos Casares ás 20:00 horas. Este suceso non pasou inadvertido porque milleiros de persoas encheron a rede social de Twitter baixo o hashtag #XustizaParaSamuel como condena pola sua morte.
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, manifesta a través da súa principal conta de Facebook a súa "solidariedade e agarimo para familiares e amigos".