O número de positivos mantense estable dende hai varios días
CORONAVIRUS A LIMIA | Seguen sen rexistrarse novos casos na comarca
13 de abril de 2021 (17:12 h.)
Un día máis, Xinzo de Limia e o de Porqueira continúan sendo os únicos concellos da bisbarra afectados pola Covid-19 nestes momentos. O primeiro deles segue contando con sete casos activos, e o segundo con un.
O grupo dos cero contaxios formado por Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Vilar de Santos, manténse invencible desde hai algo máis dunha semana.
É necesario recordar que toda a Limia se atopa no nivel máis baixo de restricións.