CORONAVIRUS A LIMIA | Aviso: isto non rematou; volven subir os casos activos
A curva da incidencia da sexta onda da covid-19 na comarca despide a semana cun aviso. Isto aínda non rematou. Despois de varios días de números esperanzadores, a situación "mesetaria" mantense este venres cun lixeiro aumento dos casos activos. Oito máis en Xinzo que onte, incrementos tamén noutros seis concellos e un total de 374 rexistros na véspera da fin de semana. Até o luns non volverá haber datos oficiais da evolución diaria.
A unha semana do comezo do Entroido, a sexta onda segue viva. Xinzo non consegue baixar da cifra de 200 casos despois de dez días consecutivos de rebaixas. Os Blancos, Calvos, Porqueira, Rairiz, Vilar de Barrio e Vilar de Santos volven a aumentar os rexistros hoxe.
Nesta altura, Baltar e Trasmiras parecen os concellos cunha situación menos preocupante, pero a evolución doutros concellos aconsella ignorar a alerta. No caso de Xinzo, o SERGAS informa de que o número de novos casos diagnosticados na última semana é de 123; e de 275, nos últimos 14 días. Son datos das 18:00 horas de onte.
Así están os rexistros
BALTAR (variación -1) 9 (activos)
OS BLANCOS (+3) 15
CALVOS DE RANDÍN (+1) 13
PORQUEIRA (+1) 19
RAIRIZ DE VEIGA (+2) 12
SANDIÁS (-3) 24
SARREAUS (-2) 17
TRASMIRAS (-1) 7
VILAR DE BARRIO (+3) 17
VILAR DE SANTOS (+1) 27
XINZO DE LIMIA (+8) 214