Rairiz de Veiga incorpórase aos concellos con casos da Covid - 19
CORONAVIRUS A LIMIA | Catro novos positivos en Xinzo
29 de noviembre de 2021 (20:07 h.)
O Concello de Xinzo de Limia vén de experimentar un lixeiro avance no número de casos activos nas últimas horas. Dos 23 casos que presentaba o pasado venres alcanza, segundo os datos facilitados polo Sergas, este luns os 27.
Soben tamén Vilar de Barrio e Rairiz de Veiga, nun caso en cada municipio. Pola contra, baixan Porqueira e Trasmiras, que logo do pico de 20 positivos o pasado 24 de novembro comeza esta semana con oito diagnósticos menos: 12.
Así queda o número de positivos por municipios:<
- Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín: cero casos
- Porqueira: un caso (-1)
- Rairiz de Veiga: un caso (+1)
- Sandiás: 2
- Sarreaus: 10
- Trasmiras: 12 (-3)
- Vilar de Barrio: 12 (+1)
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 27 (+4)