CORONAVIRUS A LIMIA | A comarca baixou xa un 60% desde máximos no número de casos activos nun día
O lento descenso da curva de casos activos de covid-19 continua. Hoxe son 238 rexistros na comarca (155 en Xinzo, a cifra máis baixa desde o 4 de xaneiro). Mais a baixada é notábel se se bota a vista aos datos das semanas máis críticas desta sexta onda. A cifra de casos activos nun día cae hoxe un 60% a respecto do pico, que se alcanzou o 12 de xaneiro na comarca cando se anotaron 600 casos.
Este martes, volven baixar os rexistros en seis concellos e manterse noutros tres. Só soben Calvos (un máis) e Sandiás (dous máis). A baixada en Xinzo segue a un ritmo moi lento: dous casos menos que onte, 27 menos que hai unha semana. Porén, desde máximos (hai catro semanas), a caída foi dun 45%.
Así están os rexistros
BALTAR (variación -1) 2 (activos)
OS BLANCOS (-2) 7
CALVOS DE RANDÍN (+1) 5
PORQUEIRA (-2) 8
RAIRIZ DE VEIGA (=) 8
SANDIÁS (+2) 15
SARREAUS (=) 7
TRASMIRAS (=) 4
VILAR DE BARRIO (-2) 20
VILAR DE SANTOS (-1) 7
XINZO DE LIMIA (-2) 155
En Xinzo, os novos contaxios desde o martes da semana pasada suman 96. En Baltar non se rexistraron novos casos na última semana.
Cos datos de onte ás 18:00 horas, o SERGAS informa de que a incidencia nos concellos de Sandiás e Vilar de Barrio, os dous que van máis atrasados na diminución xeral, mantense nos 12 contaxios novos nos últimos sete días en Sandiás, e en 11 en Vilar de Barrio. Coa incidencia a 14 días nos 20 casos en Sandiás e 27 en Vilar de Barrio, polo que é de esperar que a cifra en Vilar de Barrio baixe máis rápido nos próximos días.
En Xinzo, os novos contaxios desde o martes da semana pasada suman 96. No resto dos concellos a incidencia nos últimos sete días é menor de nove casos, e en Baltar non se rexistraron novos casos na última semana.