CORONAVIRUS A LIMIA | A curva ascendente parece frear, Xinzo baixa 65 casos nun día
[atualización das 15:00 horas] O número de casos rexistrados de covid-19 na comarca da Limia sitúase nos 524 este xoves [e non 624 como por erro se indicaba na información das 14:00 horas]. Son 75 menos que onte. Desde o SERGAS advirten que a estatística sufriu variacións pola redución dos días de corentena. Mais nos próximos días, tamén podería experimentar variacións á alza pola incorporación dos positivos en autotest.
Até oito concellos viron como se reduciu o número de contaxios. Só soben Calvos (+1), Porqueira (+1) e Rairiz (+2), ademais de Xinzo, que ten 65 casos menos e volver estar por baixo dos 400 casos.
Así están os rexistros:
• Baltar: 15 (-4)
• Os Blancos: 15 (-3)
• Calvos de Randín: 4 (+1)
• Porqueira: 16 (+1)
• Rairiz de Veiga: 16 (+2)
• Sandiás: 29 (-1)
• Sarreaus: 28 (-1)
• Trasmiras: 13 (-3)
• Vilar de Barrio: 8 (-1)
• Vilar de Santos: 15 (-2)
• Xinzo da Limia: 365 (-65)
Desde o SERGAS advirten que a estatística sufrirá variacións, tanto á alza, pola incorporación dos positivos en autotest, como á baixa, pola redución dos días de corentena.
Mapa de incidencia acumulada por concellos, en https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia.