No resto de concellos a situación apenas varía
CORONAVIRUS A LIMIA | Descenden os positivos en Xinzo de Limia e soben en Porqueira
25 de agosto de 2021 (15:45 h.)
Boas novas para os habitantes do Concello de Xinzo de Limia que esta mañá amencían con tres casos menos de Covid- 19 -quedándose cun total de 26 positivos- . Tamén se notifica unha mellora nos resultados en Sarreaus donde baixan en contaxiados ata acadar só dous.
A situación é diferente no municipio de Porqueira, o pobo continúa sumando casos activos -dous máis no día de hoxe- e obtén a cifra de cinco. A alcaldesa ten a intención de realizar diversos cribados entre os habitantes para seguir controlando e prevendo a pandemia.
No resto de membros da Comarca da Limia os casos están estabilizados, non se amosa cambio algún.
Así queda o rexistro de casos activos na Limia o 25/08:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 2
- Porqueira: 5 (+2)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 3
- Sarreaus: 2 (-1)
- Trasmiras: 1
- Vilar de Barrio: 7
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 26 (-3)