Sandiás e Vilar de Barrio reducen un caso
CORONAVIRUS A LIMIA | Máis positivos en Porqueira, Xinzo e Calvos
28 de agosto de 2021 (16:37 h.)
O Sergas vén de facer públicos os datos da incidencia da Covid na comarca de Limia. Soben en número de positivos Xinzo, Porqueira e Calvos de Randín. Pola contra, Sandiás e Vilar de Barrio reducen cadanseu caso activo. O resto de concellos manteñen as cifras deste venres.
Así queda o rexistro de casos activos na Limia o 28/08:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 3 (+1)
- Porqueira: 7 (+2)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 2 (-1)
- Sarreaus: 1
- Trasmiras: 1
- Vilar de Barrio: 7 (-1)
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 28 (+2)