A capital antelá está xa nos 16
CORONAVIRUS A LIMIA | Dez novos casos en Xinzo en tres días
11 de julio de 2021 (14:16 h.)
Este domingo son xa 16 os casos activos que rexistra o concello de Xinzo de Limia, tres máis que os de onte e dez máis dos contabilizados tan só o pasado xoves.
O resto dos municipios da contorna permanecen sen positivos, agás Trasmiras e Os Blancos, que teñen cadanseu caso.