CORONAVIRUS A LIMIA | Novo record de positivos en Xinzo, onde os casos soben un 15%
O termo municipal de Xinzo da Limia rexistra 159 casos activos de covid-19, un 15,7% máis que na xornada de onte luns. Na comarca da Limia o número de casos ascende a 219, un novo máximo desde que comenzou esta sexta onda da covid-19. E record tamén en Xinzo no mesmo período. Por concellos, Trasmirás e Os Blancos presentan as taxas máis elevadas despois de capitalidade. En Trasmiras anótanse hoxe 13 positivos, un máis ca onte; e 10 nos Blancos, dous máis.
Todos os concellos limianos rexistran cando menos un caso positivo, circunstancia que non se daba desde o pasado día 23 de decembro. Este martes, Porqueira e Calvos volveron aparecer na estatística cun caso en cada concello.
Así están os rexistros:
- Baltar: 9
- Os Blancos: 10
- Calvos de Randín: 1
- Porqueira: 1
- Rairiz de Veiga: 4
- Sandiás: 7
- Sarreaus: 7
- Trasmiras: 13
- Vilar de Barrio: 3
- Vilar de Santos: 5
- Xinzo da Limia: 159
Mapa galego con incidencia por concello en: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia