CORONAVIRUS A LIMIA | Semana plana na curva de contaxios
Despois de tres meses de sexta onda da covid-19, a curva de contaxios entrou nunha "situación mesetaria", tal e como a definiu a semana pasada unha responsábel da Xunta. Na comarca da Limia, a respecto do pasado luns, a diminución da cifra de casos foi pequena. Este venres hai anotados 23 menos. De 307 a 284 en cinco días. Un descenso moi lento en relación a como foi a subida até o pico da primeira semana do ano.
Por concellos, hoxe redúcese a cifra de casos activos en Xinzo (-4), Sarreaus e Vilar de Barrio, e mantense sen variación en Baltar, Calvos e Vilar de Santos. Pero sobe nos Blancos, Porqueira, Rairiz e Trasmiras. Os cambios son mínimos. Un caso activo menos no global a respecto de onte.
Xinzo segue nun ritmo de descenso algo máis rápido que o resto da comarca, e por vez primeira no que vai de ano baixa do 60% dos casos activos totais na Limia. Mais baixa pouco, representa o 59% dos rexistros.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 3 (activos)
OS BLANCOS (+1) 12
CALVOS DE RANDÍN (=) 9
PORQUEIRA (+1) 12
RAIRIZ DE VEIGA (+2) 12
SANDIÁS (+1) 14
SARREAUS (-2) 10
TRASMIRAS (+1) 7
VILAR DE BARRIO (-1) 19
VILAR DE SANTOS (=) 16
XINZO DE LIMIA (-4) 170
O SERGAS, con datos das 18:00 horas de onte, informa que o número de casos novos rexistrados no concello de Xinzo nos últimos 7 días segue baixando. Son 93. Mentres que nos últimos 14 días a cifra é de 217. A incidencia redúcese.