CORONAVIRUS A LIMIA | A semana remata cunha lixeira subida a respecto do xoves
O SERGAS informou este veres que mañá, sábado, comeza a administrarse a cuarta dose da vacina ás 20.000 persoas que pertencen ao grupo 7 do plan de vacinación do Ministerio de Sanidad. En Ourense son 3.359 persoas dentro deste grupo diana de alta risco (inmunodepresión, transplantados, tratamento activo de quimio-radioterapia...).
O anuncio coincide co ralentización da baixada de casos activos. A provincia volve estar hoxe por baixo dos 3.700 (3.673) despois da lixeira subida de onte. Na Limia, este venres a estatística pecha con 154 rexistros. Catro máis que onte. Houbo ascensos en Xinzo, Sandiás e Sarreaus, que non foron compensados polos descensos nos Blancos, Calvos e Vilar de Barrio.
Baltar e Vilar de Santos continúan sen rexistrar novos casos, pero Xinzo volve recuperar os niveis do mércores e sube por riba dos 100 casos. Xinzo ten o 65% do total de contaxios activos na comarca.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 0 (activos)
OS BLANCOS (-1) 7
CALVOS DE RANDÍN (-1) 1
PORQUEIRA (=) 4
RAIRIZ DE VEIGA (=) 10
SANDIÁS (+2) 14
SARREAUS (+1) 3
TRASMIRAS (=) 3
VILAR DE BARRIO (-2) 11
VILAR DE SANTOS (=) 0
XINZO DE LIMIA (+3) 101
En canto as cifras de incidencia acumulada, Xinzo estaba onte en 63 novos casos anotados nos últimos 7 días. Só Sandiás, dentro da comarca, está tamén por riba dos dous díxitos nese período. A sexta onda remite, e o Ministerio de Sanidad informa que o 92,7% da poboación de 12 e máis anos de idade (39,1 millóns de persoas) xa recibiron al menos unha dose da vacina.