O número de casos mantense estable

CORONAVIRUS A LIMIA | Toda a comarca libre de contaxios agás Xinzo e Porqueira

Casa do Concello de Xinzo de Limia.

No día de hoxe ningún dos concellos da comarca tivo novos contaxios, polo que o número do casos non variou dende onte.

Os municipios de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Vilar de Santos seguen sen rexistrar ningún positivo, mentres que Porqueira conta con un caso activo e Xinzo de Limia con seis.