CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo entra no Entroido nos niveis de hai un mes, pero coa curva en descenso
Hai un mes, o 3 de xaneiro, Xinzo rexistraba 134 casos activos de covid-19. Hoxe, 3 de febreiro, o termo municipal aínda conta 174 casos. Mais a principios de ano a curva ía disparada cara arriba e unha semana máis tarde os contaxios triplicábanse. Agora, na véspera do arranque do ciclo do Entroido, a curva leva dúas semanas en lento retroceso. As tendencias son opostas, mais o risco non desapareceu.
Os datos deste xoves volven reafirmar que o descenso será moi lento. Xinzo anota catro contaxios menos que onte, e no conxunto da comarca son sete menos, para un total de 285. A respecto de onte, hai menos casos nos Blancos, Porqueira, Vilar de Barrio e Xinzo; mentres aumentaron en Calvos, Rairiz e Trasmiras.
A respecto de hai unha semana, o xoves 27, o número de casos activos no conxunto da comarca baixou en 87, o que supón unha caída dun 23%.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 3 (activos)
OS BLANCOS (-2) 11
CALVOS DE RANDÍN (+1) 9
PORQUEIRA (-2) 11
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 10
SANDIÁS (=) 13
SARREAUS (=) 12
TRASMIRAS (+1) 6
VILAR DE BARRIO (-1) 20
VILAR DE SANTOS (=) 16
XINZO DE LIMIA (-4) 174
Con datos de onte ás 18:00 horas, o SERGAS informa que nos últimos sete días se rexistraron 104 casos novos en Xinzo, e que nos últimos 14, o número de casos detectados foi de 230; é dicir, os contaxios reducíronse un 17% nos últimos sete días a respecto do mesmo período anterior.