CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo experimenta un aumento de casos tras un mes de descensos
Dende o día un de setembro, o Concello de Xinzo de Limia comezaba a disminuir os contaxios por coronavirus chegando a situarse por debaixo das dúas cifras a mediados da segunda semana do mes. No día de hoxe, esta tendencia volta a cambiar de rumbo. O municipio experimenta unha subida dun positivo e sitúase nos seis casos en total.
Pola contra, Trasmiras amosa unha leve perda de casos tras manterse estable en catro positivos dende o día 11. O concello rexistra un contaxio menos, quedando cun resultado de tres.
O resto de conformantes da comarca da Limia permanecen invariables.
Cabe recordar a notificación emitida onte polo Comité Clínico donde se informa que toda Galicia quedará a nivel medio baixo a partires das 00:00 horas deste sábado -a excepción de Monforte de Lemos-.
Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 15/09:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 1
- Porqueira: 0
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 1
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 3 (-1)
- Vilar de Barrio: 1
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 6 (+1)