O venres está no nivel medio de restricións
CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo incorpora tres novos casos, até os 16
28 de abril de 2021 (16:01 h.)
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión de pandemia acordaba onte, entre outras decisións, incorporar ao concello de Xinzo de Limia a aqueles merecedores de situarse no nivel medio de restricións, condicións que os seus cidadáns deberán respectar dende as 00:00 horas do vindeiro venres 30 de abril.
Este mércores, o municipio de Xinzo pasa dos 13 aos 16 casos activos; Sandiás mantén os catro de onte e Calvos de Randín segue cun positivo.
A boa nova protagonízaa o concello de Porqueira, que volve ao grupo de municipios que non teñen, arestora, casos activos de coronavirus.